Cargando resultados...
Remata a temporada para o central do Deportivo Dani Barcia
O xogador sofre unha lesión no recto femoral que o afasta dos terreos de xogo durante tres meses
G24.gal
08/04/2025 20:19
Dani Barcia perde o que resta de temporada. O Deportivo comunicou esta tarde que o futbolista coruñés sofre unha lesión muscular no recto femoral da súa perna dereita que afecta o tendón central. Unha lesión que o apartará dos terreos de xogo tres meses, polo que o canteirán non volverá ata o inicio da pretemporada. A baixa do central agrava os problemas en defensa para Óscar Gilsanz.
O defensa canteirán debutou en Segunda División esta temporada. Xogou 16 partidos, todos eles como titular e completos. Só os problemas de lesións (tivo outra no mes de novembro) impediron que tivese máis continuidade no equipo coruñés.