Rescatan do Lérez o corpo do home desaparecido en Barro
Rescatan do Lérez o corpo do home desaparecido en Barro
José Campos Loureiro faltaba da casa dende o día 12 deste mes
Un operativo coordinado da Policía Local e dos Bombeiros de Pontevedra permitiu rescatar este xoves o cadáver dun home que apareceu flotando no río Lérez, ao seu paso pola cidade de Pontevedra.
O corpo sen vida desta persoa foi retirado do río sobre as dúas e media da tarde, segundo confirmaron desde a Policía Local.
Persoal sanitario do 061 tentou reanimar a vítima, pero finalmente só puideron certificar o seu falecemento.
A investigación deste suceso asumiuna a Policía Nacional que, en primeira análise, subliña que o corpo do falecido non presentaba síntomas de violencia.
A vítima é José Campos Loureiro, de 55 anos e veciño de Cuntis. O home levaba desaparecido dende o pasado día 12 deste mes de decembro.
Segundo a Policía, o corpo non presentaba sinais de violencia.