Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retoman a limpeza en Valencia tras as últimas alertas de mal tempo

Retoman a limpeza en Valencia tras as últimas alertas de mal tempo

Aumentan a 217 as vítimas mortais e reanúdase a busqueda dos 14 desaparecidos sen esperanzas de atopar superviventes

Os veciños da zona cero ven aínda moi lonxe a volta á normalidade

Equipos de urxencia e voluntarios volven á zona cero da DINA tras dúas xornadas de mobilidade restrinxida

Antón Montero 15/11/2024 19:42

A cifra total de vítimas mortais rexistrada por mor da Dana e as inundacións que afectaron á provincia de Valencia o pasado 29 de outubro aumentou ata 217, tras o falecemento dunha persoa nun centro hospitalario.

Eses 217 falecidos, todos con autopsia realizada, están plenamente identificados, e en 213 dos casos as súas familias fixéronse cargo xa dos seus restos mortais para celebrar os funerais, segundo recolle o balance co acumulado histórico desde o inicio deste episodio que elabora o Centro de Integración de Datos (CID).

E mentres seguen os traballos de limpeza nas zonas afectadas. Varias rúas de Algemesí seguen sendo cemiterios de automóbiles. Algúns dos 100.000 que danou a DINA seguen no mesmo sitio onde os deixou o río Magro hai 18 días.

É un dos labores de limpeza máis aparatosos. Aquí funciona a cooperación publico-privada. No garaxe público "un agricultor estanos axudando cun tractor. Sácao ata a rampla e nós, co noso vehículo pesado, sacámolo ata que vén o guindastre e o leva", explica un bombeiro.

En Picanya, os voluntarios cicatrizaron cunha improvisada pasarela a ferida que deixou na vila a caída de catro das pontes.

“A xente fixo o favor de facer esta ponte provisional que nos está axudando bastante”, agradece un veciño.

A directora da Garda Civil visitou algúns dos máis de 5.000 axentes despregados na zona en plena mudanza das tarefas. Atrás quedan os labores de rescate.

"A operación de rescate máis importante da Garda Civil na súa historia. Estamos falando de 36.000 actuacións", dicía Mercedes González.

Agora céntranse en buscar os 14 desaparecidos e en axudar no retorno a unha normalidade que aínda se ve moi afastada.

"Queda faena .Queda moito porque están os garaxes rotos, os sumidoiros dos garaxes non funcionan", conta un veciño de Picanya.

"Teste que buscar un pouco a vida para que non che entre ninguén na casa", conta outro que quedou sen portal no garaxe;"É o primeiro día que saio de casa. Levamos dúas semanas. A nós entrounos auga na casa, moi pouca, 85 centímetros", engade unha veciña.

A susbsistencia de centos de valencianos segue dependendo da repartición de víveres. A ministra de Defensa visitou os militares da UME, mentres se afanaban na reparación desta ponte.

Este venres tamén se incorporaron aos labores de desentullo medio cento de bombeiros franceses.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade