Publicador de contidos
Publicador de contidos

Equipos de urxencia e voluntarios volven á zona cero da DINA tras dúas xornadas de mobilidade restrinxida

Equipos de urxencia e voluntarios volven á zona cero da DINA tras dúas xornadas de mobilidade restrinxida

A busca dos 16 desaparecidos céntrase na zona da Albufera e no mar

G24.gal 15/11/2024 15:00

Tras a traxedia da DINA na Comunidade Valenciana, cuxas consecuencias aínda seguen presentes nas rúas, a vida volve pouco a pouco a moitos dos concellos máis afectados pola riada.

"Esta era unha vila moi bonita. E agora tardaremos moito en recuperar o que era", conta un veciño de Picanya.

En Picanya a forza da auga levou por diante catro das cinco pontes que salvaban o barranco. Agora unha pasarela provisional volve unir as familias. "Teño as miñas fillas do outro lado da ponte", asegura outro afectado.

Como en Picanya, os veciños das localidades máis afectadas intentan recompoñer a vida salvando os recordos que quedaron en pé. "O que máis me doe son as fotos de toda unha vida".

Os equipos de urxencias avanzan nos labores de limpeza e retirada de obxectos. A UME está realizando medicións da concentración de gases para garantir a seguridade do persoal. Desde o centro de coordinación piden á poboación que sigan as medidas indicadas. 

"Que utilicen a máscara, guantes e roupa con manga longa", di Rosa Tourís, portavoz do CECOPI.

A busca dos desaparecidos mantense no mar e tamén na zona da Albufera, onde traballan equipos especializados da Garda Civil.

"Os grupos especializados están naquelas zonas en que se pensa que poderá atopar algo", explica Mercedes González, directora xeral da Garda Civil.

Xa hai un total de 20 oficinas despregadas polos 75 concellos afectados para axilizar a tramitación das axudas. "Están chegando xa as axudas a través do Consorcio de compensación", asegura Ángel Víctor Torres, ministro de Política Territorial.

A actualización dos datos mantén en 216 a cifra de vítimas mortais. Os que afortunadamente poden contalo non deixan de mostrar o seu agradecemento pola solidariedade que están recibindo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade