Galicia supera os 1.360 casos activos e seguen aumentando as hospitalizacións
Galicia supera os 1.360 casos activos e seguen aumentando as hospitalizacións
Son 56 as persoas ingresadas
Detectáronse 123 novos contaxios nas últimas 24 horas
O Sergas notifica o falecemento dun home de 78 anos
Os casos activos seguen o seu aumento. Hai 1.367 persoas con coronavirus en Galicia, 82 máis ca na xornada de onte.
Pola súa parte, os contaxios diarios mantéñense por enriba da centena, aínda que baixan con respecto ao día anterior. Foron detectados 123 novos casos por probas diagnósticas.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 317 (=)
Vigo: 263 (+30)
Ourense: 322 (+27)
Santiago: 123 (+10)
Lugo: 134 (+10)
Pontevedra: 114 (+8)
Ferrol: 94 (-3)
Tamén ascende o número de persoas hospitalizadas tanto en UCI (+1) como en planta (+2). En total, hai dez persoas ingresadas en coidados intensivos e 46 en planta.
Con todo, o Sergas notificou un falecemento por mor da covid–19, que eleva a cifra a 2.660 mortes desde o inicio da pandemia. O deceso é o dun home de 78 anos con patoloxías previas que faleceu hoxe no CHUAC.
Mapas de incidencia por concellos