Cargando resultados...
Rexistrados tres pequenos tremores na provincia de Lugo nas últimas horas
Rexistrados tres pequenos tremores na provincia de Lugo nas últimas horas
O de maior intensidade, de 2,4 graos, detectouse en Triacastela
Houbo ouros dous con epicentro en Pedrafita do Cebreiro e Taboada
G24.gal
07/12/2024 10:31
Última actualización 07/12/2024 14:47
A provincia de Lugo rexistrou tres pequenos tremores nas últimas horas. O de maior intensidade, cunha magnitude de 2,4 graos, sacudiu Triacastela pouco antes das dúas da mañá deste sábado.
Segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional, ás 10:39 horas houbo outro movemento sísmico de 1,9 graos con epicentro en Pedrafita do Cebreiro.
A estes dous hai que lle sumar un terceiro de 1,6 graos, con epicentro no municipio de Taboada, detectado na tarde do venres, sobre as 20:21 horas.