Ribadavia corta a subministración de auga durante a noite
Ribadavia corta a subministración de auga durante a noite
Medidas restritivas en Ribadavia pola seca
Sen auga polas noites e prohibidos os baldeos, as limpezas de coches e todos os regos
"Estamos tratando, como di o outro, como se fose augardente aproveitala ata a última gota"
"Era visto, vai calor, non chove e as instalacións seguramente teñen o seu tempo e non están como deberían", comentan os veciños.
A comarca do Ribeiro tamén se suma ás medidas restritivas pola seca, as súas reservas están en mínimos históricos. Non hai máis que achegarse ao depósito de captación de auga de Ribadavia.
"O que observamos alá ao final é a presa da captación que normalmente sempre está o río rebordando por riba pero este ano foi un ano horribile pola falta de choiva", informa Manuel Vázquez, concelleiro de Servizos e Infraestruturas de Ribadavia.
Ante esta situación Ribadavia queda sen auga de 11 da noite a 8 da mañá e pídenlles aos veciños...
"Que non enchan nin depósitos, nin bañeiras nin caldeiros porque iso é peor, vai xerar máis gasto e máis consumo", pide o concelleiro
O corte de submistración nocturna é a medida máis drástica pero hai máis. Prohibidos os regos e os baldeos. Os hostaleiros xa están resignados.
"Ao non poder utilizar nin a máquina do café nin baños e así pois verémonos na situación ou de pechar ou prescindir destes servizos que ao final son os máis importantes dun bar", apunta Pablo Vázquez. Hostaleiro
"Se todos colaboramos, mentres non dea a volta a situación será mellor para todos e teremos que evitar facer cortes tamén polo día", explica Manuel Vázquez, concelleiro de Servizos e Infraestruturas de Ribadavia
Tamén están traballando na detección de posibles fugas para non estragar nin gota.
"É que a auga é a vida e se nos falta a auga non hai nada", di un veciño