Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribera ve "magnífico" o resultado do PSOE e considera que Feijóo perdeu o plebiscito

Ribera ve "magnífico" o resultado do PSOE e considera que Feijóo perdeu o plebiscito

A candidata socialista asegura que, tras os comicios, o PSOE sitúase como o "dique de contención da ultradereita, aquí e en Europa" 

Compareceu rodeada de ministros e altos cargos pero sen o apoio de Pedro Sánchez

A candidata socialista Teresa Ribera avalía o resultado electoral (EFE / Kiko Huesca)
G24.gal 10/06/2024 08:59

Aplausos para recibir a candidata socialista en Ferraz. Teresa Ribera compareceu rodeada de ministros e altos cargos pero sen o apoio de Pedro Sánchez. Conseguiu un segundo posto pero con sensación de derrota doce. "Non nos conformamos con este resultado", aseverou logo de coñecer o resultado electoral.

Nos comicios, os socialistas conseguiron o 30 por cento dos votos e 20 escanos no Parlamento Europeo, un menos do que tiñan. "Somos o partido no Goberno dentro dun estado membro da Unión  Europea que obtivo un mellor resultado electoral", recalcou Ribera.

Así, o PSOE será a segunda forza en contribuír en escanos ao grupo dos socialdemócratas (S&D) na Eurocámara, por detrás do Partido Democrático (PD) italiano, que acadou 22 asentos.

Respeto do PP, os socialistas obteñen catro puntos menos e dous eurodeputados menos que a formación que lidera Núñez Feijoo. "O señor Feijoo empeñouse en presentar estas eleccións como un plebiscito contra o presidente do Goberno e está clarísimo que o plebiscito o perdeu, foi un fracaso rotundo".

Teresa Ribera: "O noso partido é o dique de contención da ultradereita, aquí e en Europa".

Tras os comicios europeos, os socialistas vense reforzados e cun mandato claro. "O noso partido é o dique de contención da ultradereita, aquí e en Europa", incidía a candidata socialista.

Ribera responsabiliza o PP e a súa estratexia de polarización do avance da ultradereita. "Iso non é unha boa noticia para a sociedade española", afirma. O PP "absorbe a Ciudadanos, medra a ultradereita, pero o PSOE mantense no mesmo punto en que estaba hai un ano".

Nicolás González Casares: "Os resultados en Galicia son bastante bos".

Entre os eurodeputados socialistas, volverá estar o galego Nicolás González Casares. Na súa primeira comparecencia ante os medios logo de coñecer os resultados dos comicios, apuntou: "Os resultados en Galicia son bastante bos".

González Casares compareceu arroupado polo secretario xeral dos socialistas galegos José Ramón Gómez Besteiro, quen salientou que nestas eleccións o PSdeG queda como "a referencia da esquerda nas eleccións europeas", tras situarse como segunda forza política en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade