Río Breogán e Leyma Coruña queren coller a dinámica gañadora
Río Breogán e Leyma Coruña queren coller a dinámica gañadora
Os lucenses non se estrearon esta temporada e os da Coruña levan dúas derrotas seguidas
O Río Breogán viaxa á pista do Joventut de Badalona (sábado ás 18:00 horas) coa dúbida do escolta Jordan Davis. O equipo de Mrsic quere engadir a primeira vitoria ao seu taboleiro despois de sumar dúas derrotas e ter un partido adiado. Queren os lucenses non meterse na zona baixa da clasificación porque teñen a experiencia do ano pasado e o que custa saír da queima do descenso.
O Joventut ven de dúas derrotas seguidas (Valencia e Zaragoza), a última por un axustado 96-95 e buscarán facerse fortes na súa casa, onde colleitaron o único triunfo logrado ata o de agora, diante de UCAM Murcia.
Cos mesmos números que o Joventut -1 vitoria e 2 derrotas- está o Leyma Coruña, que volve ao seu fortín onde conseguiu gañarlle ao poderoso Real Madrid. Volverán a contar co factor ambiental para tentar derrotar a outro dos galos da ACB, un Unicaja que conseguiu gañar a última Supercopa e que marcha como líder con pleno de triunfos. Os de Epi deben amosar a súa mellor versión se queren facerlle fronte ao equipo do galego Jonathan Barreiro, que na súa etapa de formación pasou polas categorías inferiores do club coruñés.