Ristic podería ser o lateral esquerdo polo que suspira Benítez
Ristic podería ser o lateral esquerdo polo que suspira Benítez
Pertence ao Benfica, onde apenas está a gozar de minutos
Campos coñéceo ben do seu paso polo Montpellier francés
O Celta apura operacións para satisfacer os desexos de Rafa Benítez. A portería parece pechada con Guaita. O mediocentro é outra posición prioritaria. E o lateral esquerdo tamén busca un novo inquilino.
Benítez empregou a Cervi como solución de emerxencia e o arxentino mancouse para o vindeiro mes e medio. A única alternativa é a de Manu Sánchez que, de momento, está a xerar dúbidas.
O elixido podería ser o xogador do Benfica Mihailo Ristic. Bosníaco, de 27 anos, e que apenas conta con oportunidades no cadro portugués desde que chegou o verán de 2022. O ano pasado estivo á sombra de Grimaldo e esta temporada preferiron atrasar a posición de Aursnes antes que darlle a alternativa a Ristic.
Trátase dun xogador con moita experiencia no eido internacional. Da canteira do Estrela Vermella, xa xogou en Rusia (Krasnodar), República Checa (Sparta de Praga), Francia (Montpellier) e Portugal. No fútbol francés foi onde xogou o seu mellor fútbol.