Publicador de contidos
Publicador de contidos

Robles recibe o ministro de defensa de Ucraína ante o inminente envío dos Leopard

Robles recibe o ministro de defensa de Ucraína ante o inminente envío dos Leopard

O rei presidiu este mércores o Consello de Seguridade Nacional, que tamén abordou a situación en Ucraína

G24.gal 12/04/2023 16:48 Última actualización 12/04/2023 16:58

O ministro de Defensa ucraíno está de visita en España, poucos días antes do envío a Kíiv de seis tanques Leopard do Exército español. Margarita Robles reuniuse co seu homólogo para ultimar os detalles desta axuda e para concretar futuros envíos de material.

Os carros de combate foron reparados e están sendo probados antes do seu envío inminente para apoiar a defensa de Ucraína.

O Rei preside o Consello de Seguridade Nacional deste mércores O Rei preside o Consello de Seguridade Nacional deste mércores

Consello de Seguridade Nacional

O rei presidiu este mércores o Consello de Seguridade Nacional na Zarzuela. Participaron o presidente Pedro Sánchez e varios membros do seu gabinete, entre eles a maioría dos ministros socialistas e a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz. Non foron o resto de ministros de Unidas Podemos.

Aprobaron o Informe Anual de Seguridade Nacional 2022 e a regulación do Consello de Seguridade Aeroespacial. Amais, o Consello abordou tamén a situación en Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade