Rubén Albés: "Fenomenal que veña a Mareona, pero eu quero ser máis ca eles"
Rubén Albés: "Fenomenal que veña a Mareona, pero eu quero ser máis ca eles"
Rubén Albés, adestrador do Lugo, advertiu da eficacia do Sporting de Xixón e anunciou que ao seu equipo espéralle este sábado no Anxo Carro o "partido probablemente máis difícil" dos que disputou esta tempada en casa e no que está obrigado a "romper o límite do que fixo ata o de agora".
O adestrador do Lugo pediulle á afección que acuda en masa ao Anxo Carro para gañarlle na bancada á 'mareona', que se presentará con máis de 2.000 seguidores. "Vai vivir unha situación diferente. Sei a gran relación entre afeccións, pero nós queremos os tres puntos. Hai un partido fóra do campo e un partido dentro do campo. Gustaríame que a nosa afección gañe primeiro fóra do campo. Quero ser máis que eles. Fannos falta máis os puntos que a eles. Que digan, aquí estou, e empuxo eu máis. Fenomenal que veña a Mareona, pero eu quero ser máis ca eles, necesitamos os puntos".