Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Soliño abandona o Frigoríficos tras 26 anos no club

Rubén Soliño abandona o Frigoríficos tras 26 anos no club

O seu futuro semmella estar no Cisne de Pontevedra

A súa baixa é a sétima que anuncia o conxunto dirixido por Nacho Moyano

G24.gal 19/06/2023 15:23 Última actualización 19/06/2023 15:29

O Frigoríficos do Morrazo anunciou este luns a baixa do central Rubén Soliño, quen se despide do club tras 26 anos como xogador, os últimos 16 no primeiro equipo: 

“Un número para o recordo, un espello para todos xogadores da base. Rubén Soliño deixa o club despois de 26 anos".

Despídese o pequeno da saga, o cerebro do equipo dentro da pista”, destaca no seu comunicado a entidade que preside Alberto González. Rubén Soliño, de 33 anos, pecha a súa etapa no Frigoríficos tras xogar 255 partidos na liga Asobal, nos que asinou 285 goles (1,12 de media por encontro). O seu futuro semmella estar no Cisne de Pontevedra.

A súa baixa é a sétima que anuncia o conxunto dirixido por Nacho Moyano tras as de Javi Díaz, Gerard Forns, Carlos Vilanova, Nacho Salgado, Alberto Martín e Lucas Aizen.

Ata o momento, o porteiro Jorge Pérez é a única incorporación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade