Rueda aposta por conxugar o respecto ao medio natural co desenvolvemento económico
Rueda aposta por conxugar o respecto ao medio natural co desenvolvemento económico
Na clausura da II Conferencia da Alianza Galega polo Clima, o presidente da Xunta dixo que Galicia é un lugar idóneo para a economía verde
Galicia é un lugar idóneo para a economía verde. Asegurouno esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na clausura da II Conferencia da Alianza Galega polo Clima.
Alfonso Rueda dixo que Galicia ten unha situación privilexiada dende o punto de vista das enerxías limpas e defendeu que é posible conxugar o respecto ao medio natural coas oportunidades económicas.
"Respecto estrito, valorar como hai que valorar, pero aproveitar as oportunidades económicas e de vida. Queremos que a xente viva aquí, temos xente moi formada e especializada e non ten setido formala e especializala para que todo iso o teñan que facer noutro sitio", explicou Rueda.