Rueda fixa como prioridade da Eurorrexión conseguir o AVE Vigo-O Porto en 2032
Rueda fixa como prioridade da Eurorrexión conseguir o AVE Vigo-O Porto en 2032
Outro dos obxectivos será conseguir que se aprobe o Estatuto do traballador transfronteirizo
Alfonso Rueda asume a presidencia da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co obxectivo prioritario de reclamarlle ao goberno central que se comprometa economicamente e impulse o AVE entre Vigo e O Porto.
O presidente da Xunta chama a empresarios e sindicatos a sumarse a esta reclamación da Xunta e das autoridades do norte de Portugal.
Alfonso Rueda sinala que outra das súas prioridades será traballar para conseguir que se aprobe por fin o Estatuto do traballador transfronteirizo.
Galicia asume a presidencia rotatoria da Eurorrexión co mesmo obxectivo do mandato portugués: que o AVE entre Vigo e O Porto estea rematado no 2032.
Alfonso Rueda destaca a aposta do Goberno portugués pola alta velocidade, con orzamentos concretos, e reclámalle ao Estado español que corresponda con investimentos na saída sur de Vigo ata a fronteira. O presidente da Xunta chama a sociedade civil a sumarse a esta demanda.
Galicia e Norte de Portugal piden tamén que se inclúa o Estatuto do Traballador Transfronteirizo no cumio hispano-luso que se vai celebrar a semana que vén no Algarve. 15.000 persoas agardan por este estatuto, 13.000 delas na fronteira galego-portuguesa.