Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda, o sucesor natural que garante a continuidade

Rueda, o sucesor natural que garante a continuidade

Como futuro presidente da Xunta aspira a manter o legado político de Feijóo “con estilo Rueda”

G24.gal 29/04/2022 11:30

O novo presidente que gobernará Galicia é afiliado do PP dende moi novo e traballou 16 anos ao lado de Alberto Núñez Feijóo, sempre na discreción. Un tándem político que se fraguou primeiro na oposición e despois no goberno da Xunta. 

De perfil neutro e sen tensións coas baronías provinciais, así o cualifican os seus compañeiros de partido. El defínese nas súas redes sociais como amante do deporte, sobre todo do ciclismo, moteiro e moi familiar. 

Foi en 2012 cando Rueda se estreou como vicepresidente do executivo galego, un cargo que ostentou dende entón. Tamén ocupou a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, que nesta lexislatura estivo marcada polo Xacobeo extraordinario de dous anos.

Tamén foi secretario xeral do PP ata o nomeamento en 2016 de Miguel Tellado. Rueda centrou o seu papel no partido na provincia de Pontevedra. Agora o salto de Feijóo ao PP nacional deixa a Rueda á fronte por consenso.

Anunciaba oficialmente hai unha semana a súa candidatura para dirixir o PP galego. "Galicia, o camiño a seguir" é o slogan elixido e xa apunta as liñas do cargo que asumirá tamén en San Caetano coa presidencia da Xunta: "Ten que haber unha continuidade do estilo Feijóo, pero espero que haxa un estilo Rueda (...) que se verá no organigrama", dixo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos