Rueda: "Os artesáns son embaixadores da marca Galicia no mundo"
Rueda: "Os artesáns son embaixadores da marca Galicia no mundo"
O presidente da Xunta pon en valor o sector da artesanía como garante da identidade e da cultura galega
Galicia conta con 800 obradoiros artesáns que axudan a fixar poboación no medio rural
Os premios Artesanía de Galicia 2024 recoñecen a calidade da obra da artesá do Porriño Julia de la Cal.
"A peza Periferia xorde da busca de transitar linguaxes de onde eu veño, do oficio artesá e o deseño e a partir de aí ir aplicando e combinando a manufactura cesteira con aplicacións máis propias da práctica pictórica e escultórica", explica de la Cal.
Albino Quinteiro Mora, artesán vigués especializado no téxtil, foi recoñecido pola súa longa traxectoria.
O presidente da Xunta destacou o papel da artesanía como garante da identidade e da cultura galega: "falamos desa Galicia de moita calidade, esa Galicia potente, que ten que estar no mundo sen perder as raíces e iso exprésao mellor que nada a artesanía, a artesanía ben feita".
Galicia foi a primeira comunidade en contar cun selo propio para a artesanía. Na actualidade hai preto de 800 obradoiros artesáns que contribúen a fixar poboación no rural galego.