Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda reúne o seu Goberno esta fin de semana en Sober para avanzar liñas estratéxicas da lexislatura

Rueda reúne o seu Goberno esta fin de semana en Sober para avanzar liñas estratéxicas da lexislatura

O obxectivo deste retiro é reforzar a coordinación entre departamentos, fixar retos a curto e longo prazo e definir as prioridades de cada área

Tamén servirá para apoiar a candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra’ para alcanzar en 2026 o recoñecemento como Patrimonio Mundial

G24.gal 26/09/2024 14:51

Alfonso Rueda reúne esta fin de semana en Sober todo o seu Goberno para avanzar nas liñas estratéxicas desta lexislatura. O obxectivo deste retiro é reforzar a coordinación entre departamentos, fixar retos a curto e longo prazo e definir as prioridades de cada área, segundo explica a Xunta.

Tal e como informa a Xunta, o encontro está pensado para seguir analizando e tentando dar a máxima resposta ás necesidades dos galegos e galegas, co fin de alcanzar o seu benestar e seguir facendo da comunidade un lugar referente tanto en investimentos como en calidade de vida.

As xornadas tamén servirán para apoiar a candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra’ para alcanzar en 2026 o recoñecemento como Patrimonio Mundial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade