Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia comeza a notar os efectos das sancións

Rusia comeza a notar os efectos das sancións

Algúns oligarcas rusos moi próximos ao Kremlin comezaron a levantar a súa voz contra esta invasión, entre eles o que está considerado como o home máis rico do país, Alexei Mordashov

G24.gal 03/03/2022 09:28

O primeiro impacto das sancións na economía rusa podía verse estes días polas rúas de Moscova, con centos de cidadáns retirando fondos ante o temor de que se decrete un corralito bancario. Os expertos cren que só é unha cuestión de tempo que o país comece a notar seriamente os efectos das sancións. 

Sete bancos foron excluídos do sistema internacional de pagamentos, coñecido como SWIFT, pero desta medida quedaron fóra dúas das tres entidades financeiras máis importantes de Rusia, a través das que se paga o gas e o petróleo, que lle supoñen a Moscova uns 700 millóns de dólares diarios.

As presións a Putin para que abandone Ucraína chegan tamén desde dentro. Algúns oligarcas rusos moi próximos ao Kremlin comezaron a levantar a súa voz contra esta invasión, entre eles o que está considerado como o home máis rico do país, Alexei Mordashov, que pediu parar este baño de sangue e axudar as vítimas a refaceren as súas vidas.

Todos os expertos coinciden en que as sancións colapsarán a economía rusa antes ou despois, aínda que está por ver ata onde está disposto a chegar Putin no seu desafío.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade