Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia dana o 80 % da capacidade enerxética do principal provedor ucraíno

Rusia dana o 80 % da capacidade enerxética do principal provedor ucraíno

Durante o mes de marzo Moscova efectuou máis de dez ataques contra instalacións da empresa DTEK

G24.gal 31/03/2024 10:47 Última actualización 31/03/2024 11:02

Os peores ataques rusos contra o sistema eléctrico de Ucraína o pasado día 22 danaron ou destruíron o 80 % da capacidade de xeración de enerxía térmica do principal provedor do país, DTEK, indicou o seu director executivo, Dmitró Sajaruk.

De acordo con esta fonte, tras o ataque da pasada semana, o día 29 produciuse o segundo maior bombardeo contra as instalacións da empresa. Cinco das seis centrais térmicas quedaron danadas e algunhas unidades destruídas completamente, indicou na televisión nacional Sajaruk.

En total durante o mes de marzo Rusia efectuou máis de dez ataques contra instalacións de DTEK.

Á súa vez, o presidente de Centernergo, Andrí Xota, sinalou á axencia Interfax-Ucraína que a súa central térmica na rexión oriental de Kharkov quedou totalmente destruída. Nesta zona, hai restricións de consumo.

Esta mesma noite, os bombardeos nocturnos contra a rexión de Odesa danou unha central eléctrica de Ukrenergo e 170.000 fogares quedaron sen electricidade. Tras varias horas de arranxos, recuperaron a subministración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade