Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia di que o afundimento do mercante entre as costa de España e Alxeria foi un acto terrorista

Rusia di que o afundimento do mercante entre as costa de España e Alxeria foi un acto terrorista

O cargueiro foi a pique tras sufrir unha explosión e hai dous desaparecidos

Imaxe do Ursa Major Imaxe do Ursa Major
G24.gal 25/12/2024 20:22 Última actualización 25/12/2024 20:34

Rusia di que o afundimento do cargueiro Ursa Major entre as costas de España e Alxeria foi un acto terrorista. Así o asegurou, sen achegar máis datos, a empresa propietaria do mercante, unha navieira que depende do Ministerio de Defensa ruso.

O barco foi a pique tras sufrir unha explosión na sala de máquinas. Hai dous desaparecidos e os 14 superviventes foron trasladados ao porto de Cartaxena para recibir atención médica.

Segundo medios rusos o cargueiro transportaba dous guindastres, pero hai outras informacións que apuntan a que ía a Siria en misión secreta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade