Dous desaparecidos no afundimento dun barco ruso no Mediterráneo
Dous desaparecidos no afundimento dun barco ruso no Mediterráneo
Outros 14 triupulantes foron trasladados en bo estado ao porto de Cartaxena
Un buque ruso afundiuse nas últimas horas no mar Mediterráneo, entre as costas de España e Alxeria, tras sufrir unha explosión na sala de máquinas, suceso que rematou coa desaparición de dous dos 16 tripulantes do Ursa Major.
O Centro de Crise do Ministerio de Exteriores ruso sinalou nun comunicado publicado na súa conta en Telegram que o buque, propiedade de SK-YUG, "afundiuse en augas internacionais no mar Mediterráneo tras unha explosión na sala de máquinas".
"Dos 16 membros da tripulación, cidadáns da Federación Rusa, catorce foron rescatados", manifestou, antes de especificar que foron trasladados polos servizos de rescate ao porto da cidade de Cartaxena, en Murcia. "Dous están desaparecidos", resolveu.
O Ursa Major, de 142 metros de eslora e 23 de manga, transportaba dous guindastres portuarios e pezas para buques. Saíu hai trece días de San Petesburgo e o seu destino era o porto de Vladivostok, na costa rusa do Pacífico.