Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha persoa tras o afundimento dun barco no Grove

Falece unha persoa tras o afundimento dun barco no Grove

Outras dúas persoas que se atopaban na embarcación foron rescatadas por bateeiros da zona

Persoal de emerxencias no Porto de Meloxo Persoal de emerxencias no Porto de Meloxo
G24.gal 12/12/2024 10:47

Un mariñeiro de 75 anos morreu e outros dous, familiares do falecido, quedaron feridos no naufraxio dun barco no Porto de Meloxo, no Grove (Pontevedra). 

Do suceso informou o 112 Galicia a través da súa conta de X e confírmase que o aviso do afundimento deuno un particular ás 9 e media desta mañá, cando o barco regresaba a porto. Foron avisados Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil, GES de Sanxenxo, Policía Local e Protección Civil, que mobilizaron medios como o helicóptero Pesca 1.

A embarcación, que se afundiu preto da costa, é o Hermanos Rey, auxiliar dun barco bateeiro, e atopábase coa proa cara arriba. Os tripulantes, membros da sociedade cooperativa Amegrove, foron rescatados por outros bateeiros da zona, sendo a Polaris quen levou os dous vivos a terra, á vez que o bateeiro Nuevo Moldes trasladou o corpo sen vida do terceiro.

O falecido é o patrón da embarcación, que ía acompañado a bordo pola súa filla e o seu xenro, que sobreviviron ao naufraxio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar