Sánchez e Puigdemont, cara a cara no Parlamento Europeo
Sánchez e Puigdemont, cara a cara no Parlamento Europeo
"Os indultos funcionaron, vaia pola vía da negocación e da Constitución", asegurou o presidente do Goberno
"Deixar pasar oportunidades trae consecuencias que nunca son agradables", dixo o expresidente catalán
O xefe do Goberno, Pedro Sánchez, pediulle este mércores ao expresidente da Generalitat, Carles Puigdemont, transitar pola vía "da política, a negociación e a Constitución" para superar definitivamente a situación vivida en Cataluña anos atrás.
Sánchez dirixiuse a Puigdemont na súa comparecencia ante o pleno do Parlamento Europeo para facer balance da presidencia española do Consello da UE, no que o expresidente catalán interveu como eurodeputado.
Puigdemont advertíralle de que non deixase pasar oportunidades "por medo ou por incapacidade" e afeoulle que a Europa das persoas que defende a presidencia española do Consello non inclúa os falantes de catalán.
Na súa réplica, o presidente do Goberno instou ao diálogo e á vía da política, a negociación e a Constitución e amosouse convencido dos beneficios da lei de amnistía. Ademais, garantiu que o seu Goberno seguirá promovendo o uso das linguas cooficiais españolas en Europa.