Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez advirte do risco da entrada da ultradereita nas institucións

Sánchez advirte do risco da entrada da ultradereita nas institucións

Alerta en Davos do apoio dos partidos conservadores para "abrirlles as portas de gobernos"

Cre que está en xogo a supervivencia da Unión Europea

Antón Montero 17/01/2023 20:46 Última actualización 17/01/2023 21:10

Pedro Sánchez alerta do risco da entrada da ultradereita nas institucións europeas. O presidente do Goberno lanzou a advertencia durante a súa intervención no foro económico de Davos.

Nun discurso de marcado carácter económico, Sánchez chamou a reforzar o multilateralismo fronte a ameazas como a que representan Vladimir Putin e os seus aliados dentro das democracias europeas.

"Debemos impedir que estas forzas políticas entren nas institucións e destrúan a Unión Europea desde dentro. A ameaza é moi real, sobre todo nos países onde teñen o apoio dos principais partidos conservadores, que lles están abrindo as portas de gobernos", dixo Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade