Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez afirma que non é negociable validar a agresión de Rusia a Ucraína

Sánchez afirma que non é negociable validar a agresión de Rusia a Ucraína

O presidente español participa no cumio sobre Ucraína que se celebra en Suíza

Os Estados Unidos din que a última proposta de Putin é negociar a rendición, non a paz

Pedro Sánchez con Zelensky en Suíza
G24.gal 15/06/2024 20:54 Última actualización 15/06/2024 21:05

O presidente do Goberno cre que a comunidade internacional debe deixarlle claro a Rusia que non pode validar a agresión a Ucraína porque os principios non son negociables. Pedro Sánchez interveu esta tarde no plenario do cumio sobre Ucraína que se celebra en Suíza, coa asistencia de dirixentes de 90 países.

A presidenta da federación suíza e o presidente ucraíno recibiron o presidente do goberno español e as delegacións de noventa países, moitas encabezadas polos seus xefes de Estado ou de Goberno. Entre as ausencias máis destacadas, a da propia Rusia, que considera este cumio unha perda de tempo. 

O obxectivo é conseguir apoio para o plan de paz de Zelensky que pasa por recuperar as fronteiras con Rusia de antes da guerra e a creación dun tribunal de crimes de guerra, entre outras medidas.

"A nosa unión aquí demostra que a idea da lei internacional segue viva e efectiva e que a carta da ONU e as convencións non son unha formalidade", dixo Zelensky.

Os Estados Unidos anunciaron unha axuda de 1.500 millóns de dólares para Ucraína. Na súa intervención no plenario, Kamala Harris, afirmou que a última proposta de Putin non ofrece negociar a paz senón que pide unha rendición.

O presidente Sánchez tamén mostrou o seu rexeitamento. Cre que Rusia debe saber que os principios, incluído o respecto á soberanía dun país, non son negociables.

"Calquera solución que valide unha agresión ou unha solución pola forza non durar e só levará a un mundo máis inestable e perigoso. Esperamos, di Sánchez, que esta reunión axude a xerar consenso para chegar a unha solución no futuro con todas as partes involucradas, Rusia incluída. Chegou a hora, engade, de proporcionar a paz xusta e duradeira que merecen Ucraína e o mundo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade