Sánchez anuncia que España enviará militares a Eslovaquia e aumentará os de Romanía
Sánchez anuncia que España enviará militares a Eslovaquia e aumentará os de Romanía
O presidente do Goberno reiterou o total apoio de España a Ucraína, país agredido pola invasión rusa
O presidente do Goberno español Pedro Sánchez anunciou que España despregará efectivos militares en Eslovaquia e aumentará os que ten en Romanía para reforzar a fronte oriental da Alianza. Sánchez fixoo publico á súa chegada ao cumio da OTAN en Vilna.
O xefe do Executivo, acompañado pola ministra de Defensa Margarita Robles e o ministro de Asuntos Exteriores José Manuel Albares, destacou a importancia do cumio en que se vai desenvolver o concepto estratéxico da Alianza que se aprobou na reunión do ano pasado en Madrid.
A situación en Ucraína será o centro da xuntanza, e o presidente do Goberno reiterou o total apoio de España a este país agredido ante a invasión rusa.
Un dos eixos da intervención de Sánchez no cume será o pleno compromiso de España coa OTAN, e nese contexto enmarcou o anuncio de novos efectivos militares españois na fronte oriental.
Será a primeira vez que España envíe militares a Eslovaquia, mentres aumentará nun número aínda sen determinar os que ten despregados en Romanía.
Neste país España despregou un radar do Grupo Móbil de Control Aéreo (GRUMOCA) con arredor de 40 militares encargados de manter a actividade do equipo.
Sánchez aproveitará tamén o cume para reivindicar que a OTAN preste máis atención ao flanco sur.