Sánchez asegura que a segunda convocatoria do PERTE para vehículos eléctricos é inminente
Sánchez asegura que a segunda convocatoria do PERTE para vehículos eléctricos é inminente
O presidente do Goberno visitou a fábrica de Renault en Valladolid
O Executivo vai ampliar en 880 millóns de euros estas axudas para un sector que considera estratéxico, despois de que os proxectos da primeira convocatoria só cubriran un terzo do importe, e deixaran fóra grandes actores do sector. Pedro Sánchez anunciou a nova liña sen dar datas concretas, nunha visita ao centro de I+D+i de Renault, en Valladolid, unha empresa á que puxo como exemplo da aposta pola electrificación.
"O Goberno vai facer todo o que este na súa man para que todos os fabricantes nacionais e estranxeiros que queiran investir en España atopen apoio para que os proxectos sexan exitosos. Non hai outro país onde a aposta pola electrificación do sector sexa máis rendible", asegurou Sánchez.