Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez descarta o referendo pero ábrese a estudar o pacto fiscal para Cataluña

Pedro Sánchez descarta o referendo pero ábrese a estudar o pacto fiscal para Cataluña

O presidente do Goberno e o da Generalitat pactaron aprobar unha lei de plurilingüismo e o traspaso inmediato da xestión do Ingreso Mínimo Vital á comunidade

G24.gal 21/12/2023 15:58 Última actualización 21/12/2023 21:15

Foi a primeira reunión do presidente do Goberno cun presidente autonómico desde a súa investidura.

Sánchez e Aragonés acordaron retomar no primeiro semestre de 2024 a mesa bilateral de diálogo. O presidente catalán confirma que aí proporán a celebración dun referendo que, co antecedente da amnistía, ven posible.

 "O noso obxectivo é o referendo. Dinnos que non é posible pero tamén dicían que non era posible a amnistía. Así que imos seguir negociando e falando", di Aragonès.

O Goberno pecha a porta a esa pretensión de máximos.

"Non hai ningunha Constitución no mundo que acepte a segregación dunha parte do país. Non a hai, así que desde o punto de vista material eso non está contemplado", argumenta o presidente.

Sánchez propón aparcar o referendo e apostar por máis autogoberno, especialmente en materia fiscal. E abre a porta a cambiar o modelo de financiamento de Cataluña. 

"Avanzar nun acordo que pasa por reforzar o autogoberno de Cataluña, e aí podemos falar de moitas cousas. Por exemplo reforzar o financiamento autonómico en Cataluña. A Axencia Tributaria está por exemplo no Estatuto de Autonomía de Cataluña", di

Nesta primeira xuntanza Sánchez e Aragonés pactaron aprobar unha lei de plurilingüismo que garanta o dereito da cidadanía a dirixirse á Administración Central do Estado en todas as linguais oficiais. O Goberno central comprométese ademais a aprobar no próximo Consello de Ministros o traspaso a Cataluña da xestión do Ingreso Mínimo Vital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade