Sánchez condiciona a abstención do PSOE en Castela e León a que o PP rompa con Vox en toda España
Sánchez condiciona a abstención do PSOE en Castela e León a que o PP rompa con Vox en toda España
O PP preguntalle se vai amordazar os seus alcaldes para impedir o debate no PSOE
Pedro Sánchez abre a porta, pero con condicións, a que o PSOE apoie a investidura de Mañueco e facilite un goberno en solitario do PP en Castela e León.
Os populares pedíronlle durante a sesión de control ao Goberno no Senado que aclarase se estaba a favor da abstención que propoñen algúns alcaldes socialistas de Castela e León.
"Cal é a súa posición, señor Sánchez? Cre como os seus alcaldes en Castela e León que o PSOE debe de absterse para permitir un goberno en solitario ou vaille poñer unha mordaza a todos para impedir incluso o debate no seo do seu propio partido?", interrogaba o senador popular Javier Maroto.
Pedro Sánchez respondeulle que é o PP quen ten que aclarar por que quere a abstención do PSOE en Castela e León, porque se falan con claridade, dixo, pode haber posibilidade de entendemento.
"Se explica que hai que poñerlles un cordón sanitario aos que cuestionan os dereitos e liberdades das mulleres ou do colectivo LGTBI, ao mellor podemos entendernos. Pero faga unha cousa previa, aos que están pactando coa ultradereita en Madrid e fóra de Madrid dígalles que rompan tamén coa ultradereita", dixo o presidente do Goberno.