Sánchez cualifica de satisfactorios os resultados da presidencia española do Consello da UE
Sánchez cualifica de satisfactorios os resultados da presidencia española do Consello da UE
En xaneiro pasaralle a vez a Bélxica, tras seis meses de liderado
España encara a recta final da presidencia de quenda do Consello da Unión Europea. En xaneiro pasaralle a vez a Bélxica, tras seis meses de liderado que o presidente do Goberno considera positivos.
"O resultado desta presidencia rotatoria de España é moi, moi satisfactorio", dixo Pedro Sánchez, presidente de España.
Tamén o ven así os presidentes do Consello e da Comisión Europea.
"Moitas grazas, querido Pedro, pola excelente cooperación e polo éxito desta presidencia, cuns logros impresionantes", dixo Charles Michel, presidente do Consello Europeo.
"Quero darlle as grazas a todo o equipo español, que traballou sen descanso nesta excelente presidencia española durante os últimos seis meses", explicou Úrsula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea.
A axenda da presidencia española estivo salpicada polas guerras de Ucraína e de Gaza, que toldaron algúns dos obxectivos fixados polo Goberno español. E tamén pola propia situación política en España, con eleccións anticipadas, dúas sesións de investidura e o pacto do PSOE cos independentistas para amnistiar o procés, que a Unión Europea asegura que está analizando.