Sánchez defende na Asemblea Parlamentaria da OTAN a importancia da unidade na defensa de Ucraína
Sánchez defende na Asemblea Parlamentaria da OTAN a importancia da unidade na defensa de Ucraína
O presidente do Goberno reivindica a importancia da axuda militar a Kíiv, e o secretario xeral da OTAN aposta por elevar o gasto en Defensa
O secretario xeral da OTAN advirte de que hai que estar preparados para apoiar a Ucraína "nunha guerra longa". Este conflito marcou a Asemblea Parlamentaria da Alianza, que reúne en Madrid uns 300 representantes dos países membros.
Volodimir Zelenski participou por conferencia e amosouse convencido de que o seu país vai vencer porque defenderá ata o final a súa liberdade. Pedro Sánchez valorou o papel da OTAN e a súa resposta "proporcionada" para evitar unha escalada bélica, e lanzoulle unha mensaxe a o presidente ruso. "Sería bo que entre todos lle lanzásemos unha mensaxe rotunda a Putin para que deixe en paz a Ucraína, que respecte a súa integridade, soberanía e capacidade para decidir libremente o seu futuro. Ata que iso ocorra todos imos seguir unidos xunto a Ucraína".
Sánchez prometeu manter a axuda militar de España a Ucraína, e o secretario xeral da OTAN avogou por un incremento do investimento en Defensa, por riba do 2 % pactado polos países membros ata 2024.