Sánchez di que é imprescindible devolver aos seus países os migrantes irregulares
Sánchez di que é imprescindible devolver aos seus países os migrantes irregulares
O presidente do Goberno cre que "este retorno traslada unha mensaxe desincentivadora, nítida, clara e contundente ás mafias e a quen se pon nas súas mans", e di que "a lexislación europea e española obrigan a iso"
O PP acusa a Sánchez de falta de política en migración e de dar bandazos
Sánchez reafirma os beneficios dunha migración segura fronte ás críticas de Feijóo
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, reiterou os efectos beneficiosos da migración de carácter regular pero advertiu de que é "imprescindible" o retorno aos seus países de quen chega a España irregularmente.
"Principalmente -dixo- porque este retorno traslada unha mensaxe desincentivadora, nítida, clara e contundente ás mafias e a quen se pon nas súas mans, pero esencialmente porque a lexislación europea e española obrigan a iso".
Sánchez referiuse á necesidade desas devolucións dos migrantes irregulares na súa intervención nun acto no Instituto Cervantes de Dakar no que se lanzou a iniciativa 'Alianza África Avanza' para fomentar os investimentos en Senegal e que foi o primeiro da súa axenda neste país, última etapa da xira que lle levou tamén a Mauritania e Gambia.
Foi nesta intervención onde se referiu por vez primeira publicamente durante a xira á necesidade do retorno das persoas que chegan a España de forma ilegal.
Fíxoo despois de referirse á presión migratoria existente na actualidade e insistir na súa defensa da migración regular e ordenada porque cre que abre camiños para a prosperidade e o desenvolvemento económico e cultural e é boa tanto para o país de orixe como para o que os recibe.
Ao fío diso resaltou a importancia da migracion circular que impulsa España con varios países, entre eles Senegal, e pola que se contrata traballadores en orixe para realizar labores estacionais en territorio español e, ao seu termo, regresan ao seu país.
Para seguir dando pasos nesa liña considerou que a seguridade é unha prioridade máxima e por iso vai seguir apoiando a Senegal neste ámbito de forma xeral e en particular no relativo á migración.
Sánchez lamentou que as redes criminais que trafican con seres humanos non deixan de crecer e xogar coas vidas de miles de persoas e asócianse con outros tráficos ilícitos e co terrorismo.
Para combater esa ameaza é cando considerou "imprescindible" o retorno de quen chega a España irregularmente.
O Partido Popular acusa o presidente de falta de política en migración e de dar bandazos. Borja Semper, portavoz e vicesecretario de Cultura do PP, criticou que "o presidente en Maurirtana falou de ofrecer traballo a 250.000 mozos e onte dicía o contrario e falaba de repatriacións. Preguntámonos cal é a política migratoria deste Goberno. Ten consecuencias negativas estes bandazos e esta forma de actuar en política a base de titulares".
Ante o aumento da presión migratoria, os sindicatos policiais reclaman máis medios.