Cargando resultados...
Sánchez e Costa reuníronse na Moncloa para falaren da guerra, defensa e enerxía
Sánchez e Costa reuníronse na Moncloa para falaren da guerra, defensa e enerxía
Abordaron as relacións bilaterais e reiteraron que as interconexións son algo prioritario
G24.gal
27/05/2022 08:14
O presidente do Goberno Pedro Sánchez e o primeiro ministro portugués António Costa reuníronse de novo para falar de asuntos relativos á defensa e á enerxía, pero tamén da guerra de Ucraína e das sancións a Rusia.
O encontro celebrouse na Moncloa e nel ambos os dirixentes trataron temas referentes ao Consello Europeo previsto para a semana que vén.
Sánchez e Costa trataron as relacións bilaterais e reiteraron que as interconexións son algo prioritario, polo que reclaman un auténtico compromiso político e financeiro por parte da UE.