Sánchez e Feijóo trasladan á campaña en Cataluña as súas diverxencias políticas
Sánchez e Feijóo trasladan á campaña en Cataluña as súas diverxencias políticas
Pedro Sánchez aposta por unha vitoria ampla de Illa e di que hai que elixir entre "democracia ou bulleiro"
Núñez Feijóo salienta que os socialistas están entregados aos independentistas en "todo o que lles piden"
Desde Barcelona, Pedro Sánchez, sinalou que Cataluña ten que abrir unha etapa baseada na convivencia e non na división cunha vitoria de Illa. E incidiu no que denomina "máquina do bulleiro" en política.
"Como é posible que esa paz social que se respira no conxunto de España, en cambio se vexa enlodada por todo o bulleiro no que pretenden converter a conversa pública e o diálogo político a dereita e a ultradereita?".
Mitin de Núñez Feijóo en Badalona, feudo do PP. Dixo que isto non vai "do que Illa decida, senón do que a Sánchez lle conveña" e lembrou que o PSC pactou cos independentistas en numerosos concellos e Deputacións.
"Se lles entregou o goberno da Generalitat sen chistar en cinco minutos, se lles concede todo o que lle piden, para que serviu votar o partido socialista en Cataluña? Para nada".
Para o candidato de Esquerra, Junts e o PP representan os recortes e Illa está dirixido desde a Moncloa.
"Se votades aos dos recortes volverán os recortes e se votades aos da Moncloa mandaranvos desde a Moncloa. Por tanto, votade a favor de Cataluña, votade a favor de Esquerra Republicana".