Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez está presente na campaña en Cataluña, con visións moi diverxentes

Sánchez está presente na campaña en Cataluña, con visións moi diverxentes

Puigdemont, Yolanda Díaz e Abascal falaron da paréntese de Sánchez desde perspectivas contrapostas

A campaña de ERC trasladouse a Xenebra para falar do exilio e eludiu o tema

G24.gal 28/04/2024 14:18 Última actualización 28/04/2024 14:34

Esquerra Republicana celebrou este domingo en Suíza unha xornada sobre o exilio coa presenza de Marta Rovira. Pere Aragonès incidiu en que a proposta de ERC foxe dos personalismos e apelou á resistencia fronte á extrema dereita.

"A proposta política que merece máis confianza o 12 de maio para resistir ante a extrema dereita é a que resistiu durante 93 anos de historia, que somos nós. A nosa vida é de resistencia ante a extrema dereita, o partido mais represaliado, cun presidente fusilado".

Mentres, Carles Puigdemont dixo que o 12 de maio algúns levarán labazadas porque triunfará o sentido de país en Cataluña. E deixou unha mensaxe en clave do que vai decidir mañá Sánchez.

"A nós si que nos interesa o futuro, pero o futuro de Cataluña, non o futuro dun partido político, non o futuro dunha persoa. Interésanos o futuro dos nosos fillos e das nosas fillas. Interésanos a independencia do noso país".

Santiago Abascal cargou en Tarragona contra Pedro Sánchez e dixo que o que está facendo é indignante:

"Dános igual o que faga o luns, porque todo o que vai facer, se quede ou se vaia, é en contra dos intereses de España, que é o que fixo sempre, porque non ten nin un só escrúpulo, non ten nin un só principio".

Desde os Comúns-Sumar, Yolanda Díaz aludiu a Sánchez e apostou por un tsunami democrático fronte á onda reaccionaria:

 "Xa España se está mobilizando, non para salvar un partido, non para salvar o Goberno de coalición, senón sabedes para que? Para seguir gañando máis dereitos, así que hoxe somos máis fortes ca nunca".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade