Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez garántelle á Comisión que España cumprirá co seu deber durante a presidencia

Sánchez garántelle á Comisión que España cumprirá co seu deber durante a presidencia

Von der Leyen conta coa "dedicación" e o "liderado" de España

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen (EFE/Mariscal) O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen (EFE/Mariscal)
G24.gal 03/07/2023 15:59

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, garantiu este luns ante a Comisión Europea que España "vai cumprir co seu deber" durante a presidencia semestral do Consello da UE e facilitará acordos sobre asuntos pendentes.

Sánchez trasladou esa mensaxe ao comezo da conferencia de prensa que ofreceu xunto á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, ao termo da reunión do Goberno en pleno co Colexio de Comisarios para analizar a axenda e os obxectivos do semestre de presidencia española.

Para o presidente do Goberno, este semestre é moi importante para avanzar na acción lexislativa da Unión Europea xa que será a última completa antes das eleccións europeas de 2024.

"O Goberno e o pobo español van cumprir co seu deber de actuar como intermediario imparcial, facilitando acordos e coordinando debates construtivos para tentar pechar o maior número de acordos posibles antes de que acabe decembro", engadiu.

Sánchez repasou os obxectivos da presidencia española e detívose na axuda a Ucraína.

Respecto diso, e tras visitar Kíiv o pasado sábado no primeiro día desa presidencia do Consello da UE, asegurou: "Non imos retroceder nin un só paso".

Pola súa parte Von der Leyen asegurou que conta coa "dedicación" e o "liderado" de España para que a UE avance. Así o expresou a alemá na conferencia de prensa conxunta co presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

En concreto, Von der Leyen nomeou, entre outros, a importancia de que o club europeo dea pasos importantes en cuestións como o apoio financeiro e militar para Ucraína ante a "brutal" agresión de Rusia, a industrialización de Europa, as novas regras fiscais, o pacto de migración e asilo, a axenda dixital ou os acordos comerciais, entre os que destacou os de Mercosur, México e Chile.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade