Cargando resultados...
Sánchez promove unha 'operación Renove' no PSOE
O líder do PSOE tirou de ata cinco ministros para facerse cargo de federacións tan importantes coma Andalucía, Madrid ou Aragón
En Galicia, Besteiro acaba de renovar o seu liderado sen candidato alternativo
G24.gal
18/01/2025 22:52
Pedro Sánchez ten en marcha unha 'operación Renove' co obxectivo de recuperar o pulso nas comunidades nas que están na oposición.
Unha operación a grande escala na que tirou de ata cinco ministros para facerse cargo de federacións tan importantes coma Andalucía, Madrid ou Aragón. Aquí en Galicia, Besteiro acaba de renovar o seu liderado sen candidato alternativo.
A foto final do PSOE cando remate este proceso, será a dun Pedro Sánchez rodeado de persoas da súa máxima confianza e cun control case absoluto do partido.