Sánchez reivindica a alianza entre España e Chile pola igualdade e un crecemento xusto
Sánchez reivindica a alianza entre España e Chile pola igualdade e un crecemento xusto
O presidente español reunirase este venres co presidente chileno Gabriel Boric
O presidente Sánchez xa está en Chile, a segunda etapa da viaxe iniciou o mércores no Brasil. O acto principal da súa axenda é unha reunión o presidente chileno, Gabriel Boric, para escenificar o clima de entendemento político e económico entre os dous países.
Nun foro con empresarios españois e chilenos, Sánchez destacou a alizanza estratéxica que os une.
"España e Chile aspiran a participar dese cambio global de paradigma económico. O desenvolvemento económico debe ser máis xusto, debería ser máis igualitario entre homes e mulleres, debería ser máis aberto e multilateral. Creo que contamos cun tecido produtivo capaz de achegar un enorme valor engadido a esas transformacións", dixo Sánchez.