Sánchez reúne os ministros socialistas e a cúpula do PSOE para preparar o ano electoral
Sánchez reúne os ministros socialistas e a cúpula do PSOE para preparar o ano electoral
María Jesús Montero di que o PSOE sae a gañar, e sostén que o liderado de Núñez Feijóo á fronte do PP depende das próximas eleccións
O presidente do Goberno e secretario xeral do partido convocou os ministros socialistas e a executiva federal para fortalecer a coordinación entre Ferraz e A Moncloa. Sánchez trasmitiulles que saen a gañar as eleccións municipais e autonómicas de maio.
O PSOE sostén que o liderado de Núñez Feijóo no partido Popular estará en perigo tras a cita electoral. "Se é un plebiscito actuará en consecuencia se non consegue os resultados desexados. E non os van conseguir, porque o Partido Socialista sae a gañar e non só a revalidar as maiorías que ten, que é o primeiro partido en presencia municipal e autonómica", dixo a ministra de Facenda e vicesecretaria xeral do PSOE.