Sánchez sobre Rubiales: "Non pode aspirar a representar a España e deixala mal con actitudes que nos avergonzan"
Sánchez sobre Rubiales: "Non pode aspirar a representar a España e deixala mal con actitudes que nos avergonzan"
Sánchez sobre Rubiales: "Non pode aspirar a representar a España e deixala mal con actitudes que nos avergonzan"
Cre que a seleccion feminina de fútbol gañou dúas veces, unha no campo e outra dando unha lección de igualdade
Nega que o caso Rubiales dane a marca España: "A reacción foi exemplar"
O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, negou este sábado que "os lamentables sucesos" acaecidos coa polémica do presidente suspendido da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales, prexudicasen a marca España porque a reacción da sociedade foi "exemplar".
"Creo realmente que a marca España é a reacción exemplar das xogadoras da selección española de fútbol e a reacción espectacular da sociedade española, que dixo xunto a elas 'acabouse', e ese 'acabouse' é con todas as consecuencias, tamén para os dirixentes que se viron involucrados nestes lamentables sucesos", subliñou Sánchez nun acto do PSOE en Málaga.
"Un non pode aspirar a representar a España e deixar mal a España con actitudes e con discursos que nos avergonzan e que non nos representan", afirmou Sánchez. "As nosas xogadoras gañaron dúas veces: unha no campo e logo dando ao mundo unha lección de igualdade entre homes e mulleres", enxalzou.
O secretario xeral do PSOE reivindicou tamén así a "onda xigante e imparable" do feminismo impulsada por mulleres que "decidiron non volver someterse nunca máis aos homes, aos seus noivos, aos seus maridos, aos seus xefes e a presidentes de federacións deportivas".
Asegurou que a polémica non prexudicou a imaxe de España no exterior pola exemplar reacción desde as xogadoras ata o conxunto da sociedade e salienta que as mulleres contan con milleiros de homes comprometidos para lograr a igualdade real e efectiva, aínda que, recoñeceu, nun ámbito no que quedan moitas cousas por facer.