Sanidade activa o nivel medio por risco para a saúde en Pontevedra por baixas temperaturas
Os limiares de temperaturas que impactan na saúde obtéñense analizando a asociación entre series temporais de mortalidade e a temperatura a nivel provincial
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250206/GALICIAESQUIVAFRIOEXTREMORUSO_frame_3045.png)
O Ministerio de Sanidade activou unha alerta, en nivel medio, por risco para a saúde por mor das baixas temperaturas na provincia de Pontevedra. Con esta alerta, Sanidade avisa á cidadanía cando a temperatura mínima prevista sexa inferior á temperatura limiar de impacto na saúde e se acaden os niveis de risco baixo, medio e alto.
Así, a chegada dunha masa de aire frío fará que os termómetros descendan por debaixo da temperatura limiar na provincia de Pontevedra, sitúandose nos 4,8 grados. Os limiares de temperaturas que impactan na saúde obtéñense analizando a asociación entre series temporais de mortalidade e a temperatura a nivel provincial. Segundo tamén informou Sanidade, as provinciais de Ourense e A Coruña atópanse en nivel baixo.
Mediante o Plan nacional de actuacións preventivas por baixas temperaturas 2024-2025, o Ministerio establece diferentes recomendación para a cidadanía. Algunhas das máis importantes é respirar polo nariz e non pola boca no exterior, extremar a precaución en caso de atopar xeo nas rúas, prestar unha maior atención ás persoas que poidan estar en situación de vulnerabilidade, empregar varias capas de roupa fina en lugar dunha soa máis grosa e ventilar os fogares con frecuencia se se adoita empregar braseiros ou chemineas, para evitar a acumulación de CO2.