Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade recomenda evitar as bebidas 'sen' e '0,0' durante o embarazo

Sanidade recomenda evitar as bebidas 'sen' e '0,0' durante o embarazo

O alcol é a única causa do Trastorno do Espectro Alcólico Fetal

Aínda que sexan pequenas cantidades de alcol poden provocar anomalías físicas e mentais

G24.gal 11/09/2024 14:33

Hai variedade de bebidas etiquetadas como sen alcol ou cero cero, pero, ollo, unhas poden ter ata un 1 % de alcol e outras ata un 0,04 %.

"Aínda que poña que non ten nada, si que teñen algunha porcentaxe".

"Non sabía nada, pensaba que era cero cero, pero entón algo levan, non?".

Son cantidades moi baixas, que tamén son prexudiciais no embarazo.

"Eu creo que a maioría das embarazadas pecan diso, de feito eu mesma cando estaba embarazada pensaba en cambiar a cervexa por unha sen alcol, pero ao final leva alcol igual".

Os expertos lembran que o alcol é a única causa do Trastorno do Espectro Alcólico Fetal durante o embarazo e incluso antes da concepción e, segundo datos de Sanidade, entre o 40 e o 60 % das mulleres consumen alcol durante este período.

"Pode ser prexudicial especialmente nas primeiras semanas de embarazo, cando se forma o feto. É unha síndrome que ten bastante prevalencia en España; en arredor dun 5 e un 7 % das xestacións podemos atopar esta síndrome", explica a matrona Cristina Martín.

As patoloxías derivadas poden ter varios aspectos, e todos moi graves.

"Físicos, psíquicos, neurocognitivos e de comportamento ao longo da vida", sinala Lorenzo Armenteros, voceiro da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia.

Recalcan que é unha pataloxía que se pode previr ao 100 %, e está nas nosas mans evitala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade