Cargando resultados...
Seis mortos e once desaparecidos no incendio dun hostal en Nova Zelandia
Seis mortos e once desaparecidos no incendio dun hostal en Nova Zelandia
As autoridades contan con que haberá máis mortos; agora son seis falecidos
Once persoas continúan desaparecidas
O lume comezou pasada a medianoite, cando había case cen hóspedes dentro
G24.gal
16/05/2023 08:55
Última actualización 16/05/2023 09:20
Neste momento sabemos de, cando menos, seis mortos nun incendio nun hostal de Nova Zelandia, pero as autoridades contan que haberá máis, porque falta xente por localizar. Din que hai once desaparecidos.
Ademais cinco persoas quedaron feridas, unha delas está grave. O incendio no hostal, situado na capital do país, comezou pasada a medianoite. Uns oitenta bombeiros participaron no operativo, en que rescataron máis de 50 persoas. No momento da traxedia había case un cento de hóspedes no establecemento.