Sergi Quintela marcha ao eterno rival
Sergi Quintela marcha ao eterno rival
O escolta lucense ficha polo Obradoiro e xogará na Primeira Federación
Bo reforzo para os santiagueses, que suman un efectivo proveniente do Breogán
Os rumores eran certos. Sergi Quintela cambia o Pazo dos Deportes polo Fontes do Sar, Lugo por Santiago e o Breogán polo Obradoiro. O escolta lucense chega á capital galega para embarcarse na aventura picheleira na Primeira Federación.
Quintela vén de acadar a permanencia co Breogán na Liga ACB na pasada tempada, e ten experiencia na antiga LEB Ouro cos lucenses e co Força Lleida. Chega despois de mediar 5 puntos, tres asistencias e dous rebotes por partido en 19 minutos de xogo de media.
O xogador, que dixera hai pouco que non cría que xogara no Obradoiro, chega finalmente ao equipo santiagués. O obxectivo é claro. Axudar aos que ata hai pouco eran rivais a volver á máxima categoría, e, porque non, verse as caras co seu exequipo en liga na vindeira tempada.