Sétima derrota consecutiva do Obradoiro (78-90)
Sétima derrota consecutiva do Obradoiro (78-90)
O gran partido de Pustovyi (22pts/7reb/3asist) non foi suficiente para brindar unha vitoria aos seareiros
O 3º cuarto foi demoledor
O Obradoiro necesitaba unha vitoria para poder respirar. Con todo, o partido acabou co equipo en descenso. Os de Moncho Fernández comezaron ben, impoñéndose. Chegaron ao 3º cuarto en vantaxe (36-34). Pero desde aquí, todo foi en picado. As perdas foron o detonante que aproveitou Unicaja para poñerse en vantaxe e escapar no marcador. Estas canastras en transición foron a constante que fixo que os santiagueses caeran.
O pivote do Obradoiro, Pustovyi, realizou un gran partido deixando unhas grandes cifras. Malia isto, replicaron Ejim e Carter nos malagueños (18 e 17 puntos respectivamente). Isto, xunto ao acerto na liña de 3 (43 %) , fixo que os de Moncho afundíranse. No último cuarto, os santiagueses acercáronse pero non o suficiente como para poñer en dúbida a vitoria visitante.
Con este resultado, o Obradoiro colócase en postos de descenso con 6 vitorias. Os de Moncho Fernández non saben o que é desde o vitoria no derbi, ante o Breogán.