Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sexta derrota seguida dun Ensino que non conseguiu inquietar a Valencia

Sexta derrota seguida dun Ensino que non conseguiu inquietar a Valencia

Enfrontábase ao equipo máis en forma da Liga Feminina, e perdeu por 85-50

G24.gal 21/01/2023 21:46

Un cuarto. Foi o que lle durou a resistencia a un Durán Maquinaria Ensino que se enfrontaba ao Valencia Básket, o equipo máis en forma da Liga Feminina. Nos primeiros dez minutos, o resultado era de 17-14 e o Ensino chegou a poñerse por diante no segundo (17-18). 

Pero un parcial demoledor nese segundo cuarto rematou coa resistencia do equipo galego, que marchou ao vestiario perdendo por un claro 37-22 despois de recibiren un parcial de 20-4. 

O Valencia impuxo a súa poderosísima rotación (ata 11 xogadoras achegaron puntos) para ir aumentando a diferenza durante o segundo tempo. No Ensino a máis destacada foi Lydia Giomi con 12 puntos. En Valencia, dentro do bo nivel, tivo unha actuación notable a ourensá Raquel Carrera con 11 puntos, 3 rebotes  4 recuperacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade