Simeone, antes de xogar co Celta: "Non podemos deixar de apertar o acelerador"
Simeone, antes de xogar co Celta: "Non podemos deixar de apertar o acelerador"
O Atlético ten moi encamiñada a presenza na Liga de Campións ao manexaren seis puntos de vantaxe sobre o Athlétic
O Celta e o Atlético de Madrid xa coñecen o horario da derradeira xornada de Liga. Será en horario unificado, o sábado 25 de maio ás nove da noite. Antes, o vindeiro domingo, enfrontaranse os dous equipos no Metropolitano. O Celta prepara a visita a un Atlético de Madrid que pon en xogo a súa presenza na Champions.
Os de Simeone manexan seis puntos de vantaxe con catro xornadas por diante. Pero o adestrador non quere confianzas e pretende seguir mantendo á raia o Athlétic Club.
"Todos os rivais son complicados. Os que non se xogan nada e os que teñen necesidades. Nós temos as nosas necesidades e non podemos deixar de apertar o acelerador".