Cargando resultados...
Soben os casos en Vigo e o IFEVI prepárase para administrar a terceira dose
Soben os casos en Vigo e o IFEVI prepárase para administrar a terceira dose
Os casos activos suman 50 máis nas últimas horas, hai 9 hospitalizados e dúas persoas na UCI
G24.gal
17/11/2021 14:07
Logo de que os maiores de 80 recibiran a terceira dose, é a quenda da década anterior. Na área sanitaria viguesa, 53.000 persoas están chamadas a pasar por algún dos 30 postos que se están montando no Instituto Feiral de Vigo.
E os mariñeiros que xa recibiron o soro de Janssen, máis de 28.000, poderán acudir a este recinto sen necesidade de cita. O futuro da instalación determinarase en función da evolución dos contaxios, que continúan en ascenso na área viguesa. Os casos activos suman 50 máis nas últimas horas, hai 9 hospitalizados e dúas persoas en UCI.
A maioría dos infectados son asintomáticos e os gromos teñen orixe nos grupos familiares.