Publicador de contidos
Publicador de contidos

Solta unha pomba a prol da paz en Europa na Eurocámara

Solta unha pomba a prol da paz en Europa na Eurocámara

O eurodeputado eslovaco despedíase así do Parlamento

Momento en que Miroslav Radačovský solta a pomba
G24.gal 24/04/2024 19:29 Última actualización 24/04/2024 20:02

Nunha despedida insólita da Eurocámara, un eurodeputado eslovaco de extrema dereita soltou na sala unha pomba branca a prol da paz en Europa, na súa derradeira intervención na cámara.

Levábaa viva nun peto. Con ela como símbolo, pediu a paz en Europa ante a guerra en Ucraína.

A pomba voou á mesa da presidencia e logo seguiu pola sala, indiferente á sorpresa. O teatral xesto non detivo a sesión, pero si recibiu a crítica dos Verdes por maltrato animal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade